O Século XXI -- a Era da Información -- caracterízase polo desprazamento da producción de bens materiais que centrou ós séculos pasados en favor da creación, transmisión, procesado e manipulación de información.
Neste contexto actúan un número moi grande de axentes (empresas, gobernos, programadores, usuarios) e de intereses (o máximo beneficio, o ben común, a liberdade de expresión, os procesos creativos). Con frecuencia, parte destes axentes están mal ou nulamente informados sobre as implicacións das suas accións -- ou das accións de terceiros --, e descoñecen os seus propios dereitos e obrigas e as consecuencias de decisións aparentemente inocuas.
Nas Primeiras Xornadas de Coñecemento Libre e Dereito nas TIC buscamos presentar os aspectos legais deste panorama, explorando ata ónde está desenvolvido un corpus de garantías legais e ónde hai carencias. Os procesos de creación colaborativos, a propiedade intelectual e o dereito á privacidade dos propios datos serán temas de debate.
Buscamos asemade tratar temas mais prácticos que con frecuencia non son cubertos en ningún outro sitio: dende o punto de vista dun programador ou creador de contidos, qué licenza debe de escoller? Por qué? Qué consecuencias van implícitas nesa elección? Qué dereitos o asisten?
Para responder a estas preguntas, as xornadas contarán con expertos nos seus campos respectivos: podes ver mais información sobre os ponentes e conferencias na sección de Programa.
![]()
O Dereito e a Propiedade Intelectual perante os desafíos da Sociedade do Coñecemento
Impartida por: Rafael Fernández Calvo (membro de la Junta Directiva de ATI).
![]()
Regulamentación da Propiedade Intelectual na Universidade de Santiago de Compostela
Impartida por: Servizos Xurídicos na USC
![]()
Licenzas de Software: unha base legal
Impartida por: Victor Salgado.
![]()
As licenzas libres no ordeamento xurídico español. Recepción, adaptación, problemática e perspectiva.
Impartida por: David Maetzu.
![]()
Que debe saber un informático sobre Dereito nas TIC.
Impartida por: Rafael Fernández Calvo (membro da Xunta Directiva de ATI).
![]()
Como licenciar una obra (Práctico)
Impartida por: Dr. Luis Fajardo López.
![]()
A lexislación española perante o desafío da neutralidade tecnolóxica
Impartida por: Fernando Acero Martín.
![]()
API e transparencia pública
Impartida por: Javier de la Cueva
![]()
Corsarios contra piratas: oligarquías monopolizando a cultura ao amparo da lei e a resposta da cidadanía.
Impartida por: Javier Cuchí Burgos
![]()
Mesa Redonda
Nela preténdese reunir os distintos poñentes e na cal cunha serie de preguntas preparadas tentaráse debatir cos compoñentes da mesa o ecosistema do licenzamento de obras, con quenda de preguntas finais por parte dos asistentes. Existe a posibilidade de traer a alguen da SGAE para ter tódolos puntos de vista.
As Primeiras Xornadas de Coñecemento Libre e Dereito nas TIC celebraranse na Universidade de Santiago de Compostela, na Escola Ténica Superior de Enxeñería no Campus Sur,
A direzón exacta é:
Ou se quere ollar nun mapa para orientarse, olle o que se adxunta embaixo ou vaia a Google Maps:
Grazas! O teu contacto foi enviado.
Se ten calqueira consulta ou calquer comentario escríbao embaixo e responderémoslle coa maior brevidade posíbel.
Grazas! A túa subscripción foi enviada.