configurazón

Envy, acelerazón gráfica para gráficas Nvidia e ATI

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 3 Decembro, 2007 - 22:17.

EnvyQue o escritorio de GNU/Linux está máis perto da xente non técnica é un feito, aínda que paseniñamente, acércase pola súa facilidade de uso e a súa estabilidade. Para animar a toda a xente que todavía non o probou polo mito de "non teño soporte de hardware", descubro o proxecto Envy.

Envy é un pacote para Debian ou Ubunto, composto por varios scripts escritos en python que crean un asistente de instalazón e configurazón dos drivers privativos para tarxetas gráficas de Nvidia e ATI. Totalmente autónomo, a aplicazón é inmediata e trasparente para o usuario.

Detecta o hardware do sistema, e descarrega os drivers dende as páxinas oficiais. Configura por vos as X e se queres reinicia a contorna gráfica coa nova configurazón.

Namentras escribo este artigo existen versións para Debian Lenny e Ubuntu nas versións Dapper, Edgy e Feisty, asemade de versións para Fedora e Arch. Nunca ter acelerazón gráfica en GNU/Linux foi tán fácil.

Se queredes votarlle unha ollada pásate pola web de Envy