Linux

Como obter información a baixo nivel sobre o teu hardware: dmidecode

Imaxe de boricua
Enviado por boricua en 25 Novembro, 2009 - 01:19.

Ás veces hai que remitir unha incidencia no teu computador con IBM, DELL ou algunha outra compañía xeralmente preguntaranche polo número de serie da máquina.

¿Qué facer se non temos acceso físico o servidor?


( categorías: )

Ideas para o futuro Gnome 3.0

Imaxe de Miguel
Enviado por Miguel en 6 Abril, 2009 - 23:22.

Aínda que falta polo menos un ano para poder ter un Gnome 3.0 co que comezar a xogar, as primeiras decisións xa se están tomando dende o grupo de traballo de Gnome. De todo o que ahí comentan podemos resaltar que as duas pezas de software básicas desta estructura serán o Gnome Shell (con screencasts) e o Gnome Zeitgeist .


Dell xa vende portátiles con Linux en España

Imaxe de Miguel
Enviado por Miguel en 27 Xaneiro, 2008 - 12:24.

Dell XPS M1330MEstos días estaba buscando un portátil para mercar. E visitando a web de Dell España atopeime que xa venden un portátil con Linux. Para quen lle interese tratase do XPS 1330M, un portátil pensado sobre todo para ser compacto, potente e lucir o mesmo tempo, o que non está mal para quen lle guste traballar en portátiles de 13 pulgadas.


( categorías: )

Os creadores de Half Life buscan xente pra migrar xogos ó GNU/Linux

Imaxe de Denís
Enviado por Denís en 18 Outubro, 2007 - 12:13.

Pois o que vedes -- Valve Software, creadores do famoso xogo de ordenador Half Life, ofrecen na sua lista de postos de traballo un de "Senior Software Engineer" onde, entre outras responsabilidades, figura:

Port Windows-based games to the Linux platform.

Supoño, por suposto, que o traballo será in-situ, ou sexa que queda un pouco fora do radio de acción de todos nos... Pero é animoso ver cómo empresas de bastante coñecidas (co glorioso precedente de id Software, por suposto) comezan a considerar que facer software pró GNU/Linux pode ser unha boa idea.

Que se xeneren videoxogos dunha calidade aceptable pró GNU/Linux é importante: hai un sector moi alto da povoación nova que emprega o ordenador pra xogar, e representa un inconvinte ter que ter un sistema de arrinque dual cando poderían traballar sempre sobre o GNU/Linux. Mais e mellores xogos, mesmo se son privativos, significan mais usuarios, o que á sua vez redunda tanto en mais xogos (privativos e libres) como en mais software e soporte técnico en xeral.

( categorías: )

The Linux Vault

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 4 Setembro, 2007 - 00:05.

The Linux VaultO Linux Vault é un novo proxecto wiki fundado para crear unha páxina centralizada de información GNU/Linux. Todavía está en pañales pero precisa a nosa colaboración para completalo escribindo guias, how-to's, configuracións, truquechos de administración, ou calqueira outra cousa relacionada co sistema GNU/Linux.
Tenta abranguer as distros máis importantes dende Debian, pasando por Gentoo, SuSE, Red Hat entre outras.
A nova wikipedia sobre o noso sistema operante.


( categorías: )

Cáculo da Renta 2006 en GNU/Linux

Imaxe de Miguel
Enviado por Miguel en 16 Xuño, 2007 - 22:55.

Logo Axencia TributariaOutro ano máis facenda pídenos contas. E lamentablemente seguimos sufrindo a monocultura que apoia os productos dunha soa empresa non distribuíndo clientes nativos para o resto dos sistemas operativos coma por exemplo GNU/Linux.

Pero a pesar da discriminción xa podemos facer os cálculos e a declaración dende un sistema libre. Para eso a Axencia Tributaria pon a nosa disposición un par de programas. O primeiro é un aplicativo feito en java que nos permite calcular a nosa declaración. Se temos Java, concretamente a máquina virtual de Java, instalado no ordenador debería ser directo usalo. Procederíamos coma sempre baixamos o arquivo Ret6100.bin, damoslle permiso de execución, botón dereito do rato sobre o arquivo -> propiedades -> activar permiso de execución, e finalmente executamolo con un doble click ou dende unha consola. O problema é que esta xente non se molestou demasiado en validar o funcionamento do software e na maioría das distribucións actuais fallará extrepitosamente debido a que non declararon ben unha variable. Por sorte podemos correxilo cunha sola orde de consola no cartafol no que temos o arquivo:


( categorías: )

TDT grabador a disco duro con Linux

Imaxe de Miguel
Enviado por Miguel en 3 Xuño, 2007 - 22:59.

Siemens M740Acabo de ver a nova de que venden nos Hipermercados Carrefour un TDT que graba a disco duro que funciona sobre Linux, a bastante bo prezo, posiblemente porque están finalizando co que teñen en almacén, en concreto tratase do Siemens Gigaset M740. Este mesmo cacharro merqueino eu fai algúns meses e por agora estou bastante contento. Cando o conseguín non tiña nin idea de que o seu sistema operativo era Linux, pero chamoume poderosamente e agradablemente a atención que trouxese unha licencia GPL impresa.


( categorías: )

Referencias para obter a LPI 2

Imaxe de boricua
Enviado por boricua en 25 Xaneiro, 2007 - 01:23.

Estou a estudar para o LPI 2 e lembreime que fai un tempo había xente no GLUG que tamén estaba a estudiar para esta certificación.

O LPI 2 é un pouco máis complexo que o LPI 1, pero non creo que alguén cuns anos de experiencia con Linux teña problema para sacalo.


( categorías: )

Ver arquivos multimedia de Windows con Software Libre

Imaxe de Miguel
Enviado por Miguel en 16 Agosto, 2006 - 15:00.

Por agora para poder ver ou escoitar arquivos multimedia "Windows Media" en Linux é necesario instalar os codecs necesarios, que en Debian están acesibles en Debian-Multimedia. O problema é que para este tipo de arquivos, os codecs dispoñibles, coñecidos normalmente como os W32codecs, son privativos. Aínda que resultan moi doados de instalar como explican en DebianTutorials, o problema segue sendo que non hai soporte usando so software libre, que o final é o que nos interesa.


( categorías: )

No 2007 haberá máis desenvolvedores en Linux que en Windows

Imaxe de Miguel
Enviado por Miguel en 4 Xuño, 2006 - 22:06.

Según a prestixiosa consultora Evans para o ano 2007 haberá máis desenvolvedores traballando en Linux que en Windows. Concretamente as súas prediccións apuntan a unha igualdade no número de desenvolvedores nas dúas plataformas para este ano. Unido este dado ao considerable aumento no número de desenvolvedores en Linux, fai preveer que pronto haberá máis programadores en plataformas libres.

Dende IBM tamén se apuntan o tanto, e explican que esto pode ser así grazas a que a plataforma de desenvolvemento Eclipse está permitindo a moitos desenvolvedores migrar máis doadamente cara Linux. Aínda que o número de desenvolvedores so non asegura o éxito dunha plataforma si que axuda a que cada día se creen máis aplicacións e mellores nese sistema operativo.


( categorías: )