No GLUG andamos na procura de tradutores para o xogo Battle for Wesnoth. O Battle for Wesnoth é libre, un xogo de de estratéxia baseado en turnos cun tema fantástico. A meta é chegar á XGN cun xogo avanzado totalmente traducido ó galego para levar a cabo torneos. Para o cal precisamos de uns cantos de vos que nos voten unha mán.
A forma de traballo acordaríamola entre todos os participantes. Se estades interesados enviademe un contacto
ACTUALIZACIÓN: creouse un proxecto na forxa de mancomun asemade dun repositorio SVN público en https://forxa.mancomun.org/svn/b4wesnoth-gal para levar a cabo a traducción. Nestes intres temos algo máis do 55% total do traballo feito.
Non estaba Leandro a
Non estaba Leandro a traducir este xogo?
Estaba e está
Estaba e está, o caso é que se pide axuda pra esa traduzón que está a facer il e que agora tamén lle está a axudar Fran xa que pidiu axuda e se podería sumar todo aquel que vexa á nova e o desexe amosando o seu interese por eiquí ou nas listas do glug, ou directamente con Leandro
Eu axudaría pero creo que
Eu axudaría pero creo que polo de agora xa me chega con actualizar a tradución de Gnome.
Eu estou interesado, pero
Eu estou interesado, pero non sei como hai que facer. Para calquera cousa, xa tedes o meu correo. Abur.