Compiz Fusion 1.0 en Galego

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 27 Setembro, 2007 - 17:01.

Compiz FusionSi rapaces, xa está, logo de case 3500 cadeas escritas a ratos libres, rematei de traducir o compositor de ventás que tantas páxinas enche na rede. Todavía estou arranxando cadeas, a medida que a xente que o está probando me envian fallas. Se queredes  colaborar enviandome fallas empregade Debian Sid ou Ubuntu en rama inestable que teredes tódolos días a vosa dose de actualizacións de este pacote.

[UPDATE] empregade estes repositorios para ter a última versión.
deb http://download.tuxfamily.org/shames/debian-sid/desktopfx/unstable/ ./
deb http://download.tuxfamily.org/shames/debian-sid/desktopfx/snapshot/ ./

Espero que vos agrade a nova no caso de que non a coñecerades. E para os que non lles gosta este compositor e que poñen como escusa a pouca usabilidade, dígolles que proben a última versión 1.0 que trae moitas melloras (e mellora as existentes), deixan de ser unha bonitura que ensinar aos colegas e pasando a ser algo productivo no día a día ademáis de mellorar de longo o rendemento e consumo de recursos das anteriores versións.


( categorías: )
Imaxe de Paco

E para os que queiran saber

E para os que queiran saber o estado actual da traducción, que visiten http://l10n.compiz-fusion.org/trunk/gl/index.php

actualizanse normalmente cada dous días ou cando suba as modificacións ó repositorio.

Saudiños

¿Compiz Fusion 1.0?

Supoño que ao dicir "Compiz Fusion 1.0 en Galego" refíreste a que é a versión 1.0 da traducción xa que a última versión de Compiz Fusion, según a súa web é a 0.5.2.

Imaxe de Paco

Esta todo okNon, dixen ben,

Boas Manu,

Non, dixen ben, é a versión 1.0, non te confundas coa que está no repositorio versión estable, o repositorio está dividido en trunk(versión de desenrrolo, aka versión inestable), e a versión stable, que é a versión que está para descarregar.

lóxicamente esta versión non sairá deica bastante, pero tódalas cadeas novas que xorden vanse traducindo e van engandindose á versión estábel.

So cando tes Debian Sid e Ubuntu en rama inestable (este segundo me dixeron xa que son debianita), podes desfrutar da última versión que cando a instalas non ten a versión 1.0 senón que varía segundo o día, e cambia moi a cotío.

Saudiños

--

Mess with the Best, Die like the Rest.

Imaxe de djsankris

Problema on arquivo lock

Hola moi boas, estou tentando instalar esta aplicacion, pero dame o seguinte erro:  E: Non se puido obter o bloqueo /var/lib/dpkg/lock - open (11: Resource temporarily unavailable)
E: Unable to lock the administration directory (/var/lib/dpkg/), is another process using it?

Son novato en Linux e non sei moi ben por onde empezar, se mo poiderades explicar agradeceriavolo.

 

 

Un saudo

 

USA LINUX!!!!!   Dj S@NkRiS             

 

 

 

Imaxe de Miguel

Re: Problema con arquivo lock

Ese erro non ten nada que ver ca aplicación que estas a instalar. O que che quere dicir, e realmente estacho dicindo, é que tes outra aplicación correndo que tamén esta tentando instalar, desinstalar ou  actualizar aplicacións no sistema. O que terías que facer é agardar un anaco a que remate a aplicación en cuestión en caso de que sexa algún servizo do sistema, ou parala en caso de que estes usando dous xestores de paquetes diferentes. En caso de que non sepas que aplicación é sempre podes recurrir o clásico de rematalas toda reiniciando o sistema. Se despois non che funciona falamos :).

Imaxe de djsankris

Algo xa solucionei, o que

Algo xa solucionei, o que queria era instalar os efectos en 3D e o compiz, e xa o fixen dende outro lado. Agora estou instalando o Wine pa poder correr Photoshop e Dreamwaver(pois os preciso) de non dalos instalado, por desgraza terei que voltar pa Windows.

 

Un saudo

 

 

USA LINUX!!!!!   Dj S@NkRiS

Imaxe de Miguel

Se o Wine non vai podes probar co VirtualBox

En caso de que non che funcione o Wine para esas aplicacións e dependas totalmente delas sempre che queda a opción de correr o Windows dentro dun xestor de máquinas virtuais coma por exemplo o VirtualBox. Ahí seguro que funcionan, polo menos esas duas ferramentas que comentas. E así tampouco tes que prescindir do Linux, e máis adiante poida que ata descubras que con outros aplicativos libres podes facer moitos traballos sen necesidade de pagar tantos cartos que costan esas aplicacións, ou arriscarse a que che metan un bo pao por usalas piratas.

Imaxe de djsankris

Co Wine so se me ven partes

Co Wine so se me ven partes da ventá do programa(de calquera) será porque me falta por instalar os drivers da grafica?? pero extrañame xa que Ubuntu funciona a perfeccion e non me dá problemas de grafica.

 

Un saudo

 

USA LINUX!!!!!   Dj S@NkRiS

Imaxe de Miguel

Mira a compatibilidade das versións dos programas co Wine

Mira en http://www.codeweavers.com/compatibility/ que tal andan de compatibilidade as versións dos programas que queres utilizar co Wine.  O Crossover non é exactamente o Wine e o grado de compatibilidade pode variar, pero seguro que vale para darche unha idea. E se non é suficientemente compatible sempre podes probar co VirtualBox polo momento.