InformazónComunicazónsIniciar sesiónColaboraMancomun
Usuarios conectadosAgora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.
|
Linux, a ameaza europeaEnviado por Miguel en 29 Abril, 2006 - 18:03.
Acabo de atoparme cun texto en internet sobre o nefasto que pode resultar Linux para os patriotas americanos. A simple vista, polo esaxerado e surrealista, parece que se trata dun texto sarcástico e irónico, e realmente xera moitas dúbidas. Pero o mellor de todo é a autora do texto realmente pensa iso, non hai máis que botarlle un ollo ó resto das entradas do seu Blogue. Un par de extractos para facerse unha idea: Traducción ó galego: «Como a maioría das cousas que merece a pena posuír, os ordenadores son un invento americano. Bótalle unha ollada a calquera ordenador moderno e veredes que é produto do enxeño americano. Por exemplo, este robusto portátil IBM que estou utilizando foi diseñado e construído por unha compañía americana. Funciona con software desenvolvido por Microsoft, unha das organizacións americanas máis produtivas. O meu ordenador fai todo o que poida necesitar: podo realizar o meu traballo, presentar os meus impostos e ata buscar na Biblia. Do mesmo xeito que toda a gran enxeñería americana, é un exemplo de innovación que pon celoso a un crecente grupo de hackers europeos e chineses. Odian o noso liderado en tecnoloxía informática e non se deterán ante nada ata que tomen o control de todos os nosos ordenadores. Estou falando dun proxecto chamado "Linux", algo co que quizais aínda non te topaches, pero poida que algún día o fágas. Á‰ un programa de ordenador que, nun principio, foi desenvolvido en Finlandia como un intento de evadir os dereitos de copyright e as patentes dunha compañía americana chamada SCO Group. A diferenza de Windows, que é un produto comercial xa maduro (habitualmente incluído en todos os ordenadores novos), Linux é de balde. Poida que non pareza un gran problema; logo de todo, hai un beneficio mínimo agasallando cun produto. Á‰sto sería así se non fose pola sedutora ideoloxía Marxista do proxecto Linux e o efecto que ten os liberais dos Estados Azuis (n.t: o azul é a cor dos Demócratas Norteamericanos. Segundo ésto, os Estados Azuis son os gobernados por devandito partido). De feito, Linux está tan estendido e asentado entre os Estados Azuis e moitas das universidades liberais que un dos maiores expertos en computadoras, Steve Balmer (de Microsoft) describiu Linux como un cancro. A industria americana de software está valorada en máis de de 7.000 millóns de dólares; introducindo un produto estranxeiro como Linux, o cal a miúdo distribúese de balde, podería ameazar a toda a industria. Unha xeración de usuarios de ordenadores podería afacerse a aceptar software estranxeiro antes que pagar por un produto americano de calidade superior. ¡Se tan só o perigo afectase á nosa economía!: Hoxe en día, os ordenadores controlan todo; desde emisoras de televisión ata buques de guerra. A nosa infraestructura de defensa e información crucial están contruidos sobre tecnoloxía informática. Se consentimos que este cancro se introduza nas nosas redes, non sería posible predecir o efecto que tería na nosa infraesctuctura, e iso é xusto o que os liberais están intentando facer. Imaxina se o discurso do Estado da Unión fose hackeado porque a emisora de televisión decidise aforrarse diñeiro utilizando Linux. Imaxina se un bombardeiro espía se estreláse porque o seu software foi escrito por hackers chineses ou europeos. Tería o mesmo sentido que convidar aos francese a vir a que invadisen a Casa Branca. ¿E sabes que software utiliza Osama Bin Laden no seu portátil? Se pensaches que é Linux, acertaches do todo. Osama utiliza Linux porque esta deseñado para piratear DVDs, para saltarse o Acta de Copyright Digital e para defraudar a compañías como Disney. A próxima vez que alguén che pregunte como financian os axentes de Al Queda os seus rifles e os seus lanzamisis, podes contestarlle que uns hackers estranxeiros fan un software chamado Linux que lles axuda a roubar aos americanos. O problema de Linux é un tema que está crecendo e que os conservadores americanos non se poden permitir ignorar. Por sorte, Microsoft preparou unha gran cantidade de información para axudar aos usuarios a manterse afastados desta ameaza. E hai algo que podes facer para axudar a que América siga sendo o número 1 no sector da informática: Se un dos teus amigos está usando Linux ou puidese estar tentado a probalo, ensínalle este artigo. Explícalle que Linux é unha seria ameaza e que se o utiliza podería estar deixando as portas do seu ordenador abertas a hackers chineses. Se ves que unha compañía utiliza Linux, é posible que non paguen por ese software. Denúnciaos ante a Alianza de Empresas do Software, quen teñen a autoridade legal de inspeccionar os ordenadores de calquera empresa en busca de calquera programa ilegal, como Linux. Para rematar, lembra engadir aos usuarios de Linux nas túas pregarias esta noite. Como individuos, poida que non sexamos capaces de cambiar a mentalidade da xente, pero a Biblia ensínanos que Deus pode facer que calquera pecador se arrepinta.» Outras referencias a este texto: ( categorías: )
|
Temas activosComentarios recentes
Artigos recentes no blog
|
Linux, a ameaza europea
Home, a min paréceme claramente irónico... todas as entradas do blogue en xeral. Debe ter ascendencia galega, porque percibo certa retranca ;P
Pois creo que vai en serio
Eu diría que non. Se ollas o resto das entradas do seu blogue podes ver que é unha web cunha clara finalidade propagandística a favor do partido republicano, atacando os opositores demócratas e a calquera outro inimigo dos Estados Unidos que teñan en vista. E neste caso tocoulle o software libre, como producto europeo e revolucionario, como non.
Pois creo que vai en serio
Ti crees que se pode dicir esto en serio?
"While his boss was received fellatio in the oval office, Al Gore was busy inventing internet pornography"
Ou ser "fan" de Ann Coulter, que segundo o blogue dí cousas coma: "I think [women] should be armed but should not vote...women have no capacity to understand how money is earned. They have a lot of ideas on how to spend it...it's always more money on education, more money on child care, more money on day care."
Ademáis, xa o lera a través de http://meneame.net/story.php?id=14808
Parece que agora non funciona o link ó artigo, pero creo recordar que nos comentarios o autor recoñecía que estaba de coña, que usaba GNU/linux e que o escribira para Shelley the republican... a ver se aparece por algún lado :(
De tódolos xeitos, se é certo está moi mal da cabeza, e se é mentira, ten un humor e un dominio da ironía excelentes :)
Pois creo que vai en serio
Home, mira por onde atopei o que buscaba ! XD
Non recoñece exactamente que usa Linux, pero deixa bastante claro que sabe de que fala (aínda que o que dí pareza indicar o contrario) :P
http://shelleytherepublican.com/2006/05/linux-and-windows-compared-facts.php
E non me digas que resulta creíble que a versión máis recente de Red Hat é a 3.0, e que ven en disquettes (ejem, e FreeBSD en cinta) XDD
Á‰ para escachar coa risa
Xa coñecía esa comparativa
Si, xa coñecía esa comparativa. Pero que queres que che diga, sigo pensando que é xente moi mala que cre que o resto somos moi tontos e nos cremos todo o que din.