Instalación Qemu + Kqemu + Ubuntu Feisty vía apt

Imaxe de oscar
Enviado por oscar en 9 Agosto, 2007 - 23:36.

Nesta entrada de hoxe vou tentar explicar un pouco coma instalar todo mediante apt e que o usuario teña permisos pra usar ó módulo de aceleración kqemu sen necesidade de ser root. Xa noutra entrada do meu blogue falara de coma usar qemu pra crear as imaxes dos discos pra vmware. Desta vez tratarei da instalación completa do qemu pra virtualizar con el en vez de usar ó vmware. Antes de nada veremos os paquetes que temos dispoñibles mediante apt:

$apt-cache search -n qemu
kqemu-common - Common files for the QEMU Accelerator module
kqemu-source - Source for the QEMU Accelerator module
qemu - fast processor emulator
qemu-launcher - GTK+ front-end to QEMU computer emulator
qemuctl - controlling GUI for qemu

Instalaremos todos eles:

$ sudo apt-get install kqemu-common kqemu-source qemu qemu-launcher qemuctl

Xa temos instalado o qemu e temos os sources do kqemu (que é o acelerador). Pra instalar o kqemu primeiro instalaremos outro paquete, ó module-assistant que tal coma di a súa descripción é unha utilidade que axuda ós usuarios que queren manexar módulos do kernel externos en forma de paquete

$ sudo apt-get install module-assistant

Preparamos ó sistema cos compiladores e librerías necesarias pra compilar ó módulo do kqemu pro noso kernel

$ sudo m-a prepare

Compilamos o módulo do kqemu, creamos o paquete .deb (que queda depositado en /usr/src/kqemu-modules-`uname -r`-xxxxxx.deb por se o queremos levar a outra máquina co mesmo kernel) e o instalamos

$sudo m-a a-i kqemu-source

Creamos un novo ficheiro /etc/udev/rules.d/60-kqemu.rules co seguinte contido:

KERNEL=="kqemu", NAME="%k", MODE="0660", GROUP="kqemu"

Que nos servirá pra que ó crear o dispositivo /dev/kqemu udev o crea o faga cos permisos 0660 e o grupo propietario será o kqemu. Agora trocamos ó contido do ficheiro /etc/modprobe.d/kqemu e se non existira este ó crearemos deixando únicamente unha liña coma a seguinte:

options kqemu major=0

Agora engadimos un grupo ó noso sistema que se chama kqemu e nel incluiremos ó noso usuario pra que poisa usar ó kqemu:

$sudo addgroup –system kqemu $sudo adduser $USER kqemu

Agora falta ó último paso que é engadir no ficheiro /etc/modules unha liña que poña kqemu pra que cada vez que se arrinque o pc se cargue ó módulo e o usuario sen ser root poida usalo sen nengún problema. O meu ficheiro modules quedaría coma este:

fuse lp kqemu

Espero que os serva de axuda,
Óscar Casal Sánchez

Mail: oscar.casal[at]gmail.com


( categorías: )

Moi boa explicación pero...

Moi boa explicación Oscar, pero...claro pasa o de sempre cando un se inicia en GNU/Linux todo o mundo che fala de Synaptic, de getDeb, de gDebi... e todo parece moi sinxelo sin embargo cando te saes diso a cousa xa non e tan bonita e acabouse o tema de usar o rato; claro para alguén experimentado non é díficil o que acabas de explicar pero para os que levamos pouco máis de un ano buuf chegalle ben, sobre todo porque no uso doutros sistemas operativos non se esta tan acostumado a ter que manexarnos polos directorios adiante facendo e desfacendo. E por iso pregunto (só pregunto eh) todo isto non é posible facelo nun script para que o resto dos usurios non teñan que argallar tanto??
Entendo que así aprendemos máis, pero paso a paso :-)
O que queda claro e que se nota que tes un coñecementos abraiantes sobre os sistemas Gnu/Linux, noraboa por elo amigo!!
Saudos e grazas!

Imaxe de Miguel

Penso que se pode facer mais doado

Non teño moita idea, pero teño a idea de que nun equipo normal se pode poñer a rular o Kqemu sen mais que ter un procesador soportado, instalar os paquetes que lle corresponda e inicialo o programa en cuestión. Peroa a verdade é que nunca o usei, pola forma en que describes a súa instalación e configuración lembrame ao típico programa que aínda non está de todo refinado e integrado nas distros de Linux, apostaría algo que en Feisty+1 será simplemente instalar o paquete.

Ahh, non quero olvidarme, gracias polo documento en canto teña un ordenador con un procesador que teña instruccións de virtualización para usar o kqemu seguro que lle dou uso :).

Imaxe de oscar

2 cousas

Boas Ecos, se fago un script a maior parte da xente non mirará que é o que fai o script co cal non saberá que é o que está a facer, o cal non é a miña intención, senon que tento ser didáctico e que a xente sepa ó que está a facer, senon non poría tantas explicacións, poría únicamente os comandos e listo.

En contestación a Miguel, non é problema de que esté refinado ou non, o problema é que ata o momento tiña que ser así porque o módulo kqemu tiña unha licencia non GPL, polo que non se podía incluir por defecto. De aí que o proceso sexa tan manual, agora creo que hai pouco que trocou á licencia e en breve xa supoño que será máis automático coma ti dis

Imaxe de Miguel

Igual me expliquei mal

Sí, realmente tes razón "refinado", poida que non sexa o mellor adxectivo. O caso é que dende que se fixo compatible GPL non pasou o suficiente tempo para que se integre tan doadamente como outras aplicacións que levan algúns meses mais no eido. O que quería decir é que o teu artigo pode ser moi útil para instalar aplicacións que están comezando ou que aínda non se integraron de todo ben cas distros por problemas de licencias ou o que sexa. Vémonos :).