InformazónComunicazónsIniciar sesiónColaboraMancomun
Usuarios conectadosAgora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.
|
Howto Servidor EJabberd con Ubuntu DapperEnviado por oscar en 6 Marzo, 2007 - 14:08.
Índice de contido
1. Servidor Ejabberd Ca fin de proporcionar un servicio de mensaxería interna que permita enviar mensajes off-record e evitar no máximo posible o uso do teléfono debido ó ruido que fai e o gasto inútil do mesmo decidín instalar un servidor jabber onde traballo accesible tamén dende fora da red interna vía web pra resolvelos problemas da xente que se atopa fora do recinto de traballo. 2. Instalación e configuración Para instalalo o único que teremos que facer será:
Pra configuralo iremos ó directorio /etc/ejabberd/ e modificar ó arquivo ejabberd.cfg. Fago un diff para que se vexa o que modifiquei:
Este é o usuario que será o administrador do servidor ejabberd. Máis adiante veremos pra que nos servirá
Cambiei a mensaxe de benvida por un que sexa acorde ó noso sitio e que ademais indique onde dirixirse no caso dalgunha dúbida ou problema
Engadín esta líña para que tódolos rexistros novos sexan notificados ó usuario de jabber oscar que son eu.
Modifiquei ó nome do hosts que será o nome do equipo que faga de servidor
Esta será a linguaxe por defecto, e o troquei ó español Feito todo isto reiniciarei ó servidor ejabberd para que teñan efecto os trocos. Ademáis tamén terei que crealo usuario jabber chamado oscar@domain que é do cal falamos antes que fará as tarefas de administrador. O resto da configuración a faremos vía web. É dicir, poremos no noso navegador á seguinte dirección: http://domain:5280/admin E teremos que metelo usuario oscar@domain que creamos antes para poder acceder e administralo todo vía web. Se por exemplo quixeramos que ó crear un usuario alguén, ese usuario ó conectarse xa lle apareceran todos os usuarios que están dados de alta no servidor sería tan sinxelo coma ir a Host Virtuales -> nomeHost -> Grupos Compartidos -> Añadir Nuevo Aí poñémoslle o nome do grupo que queiramos que apareza ó usuario cando se conecte e enchemos os campos da seguinte maneira:
Dámoslle a enviar. Unha vez feito isto, poderiamos crear outro grupo no que únicamente apareceran uns usuarios en concreto, neste caso no campo membros iriamos engadindo os nomes dos usuarios que queremos que aparezan nese grupo. Se unha persoa non pertencera a ese grupo xa non lle aparecería ó conectarse. 3. Acceso web ó servidor de jabber No noso caso non abriremos ó porto do jabber para que a xente que esté fora poida conectarse cun cliente normal. Así que o que faremos será instalar jwchat para que poidan acceder dende fora vía web. (Teremos que ter un servidor web funcionando e accesible dende a rede externa). Baixarémolo dende http://jwchat.sourceforge.net/download.shtml. Unha vez feito descomprimímolo e copiámolo ó DOCUMENTROOT do noso servidor web e dámoslle os permisos axeitados. No meu caso copio o copio a /var/www/virtual/domain/htdocs/jwchat e doulle permisos para o usuario e grupo co que corre o meu servidor web (www-data). Feito isto teremos que modificar unha serie de parámetros no ficheiro config.js. Pego o diff:
A maiores no directorio onde copiamos jwchat teremos que crear un fichero .htaccess co seguinte contido:
Teremos que ter activados no apache o módulo mod_proxy e mod_rewrite e se estamos con apache2 tambén o módulo mod_proxy_http. Para facer isto con apache2 faríamos o seguinte:
Agora xa podemos acceder vía web ó noso servidor jabber poñendo http:domain/jwchat e disfrutar del :-). Espero que os serva de axuda, ( categorías: )
|
Temas activosComentarios recentes
Artigos recentes no blog
|
Coma sempre Oscar caralludo
Co título queda todo dito... unha vez máis grazas por compartir o teu saber...
Coma sempre Oscar caralludo
Moitas grazas Tonio, comentarios de xente coma ti dan pulos pra seguir publicando cousas cando teño algo de tempo pra ilo que non é moito
Hola hola,
Hola hola,
Atopei esto lendo sobre as xornadas de Ordes, e aproveito para facer unha pequena aportación.
Primeiro, pode que sexa interesante usar algo que estea máis "activo" que jwchat, que leva dous anos "parado".
Pode que claros chat (http://www.claros.org/) sexa unha boa alternativa.
Segundo, aínda que para o caso non sei si terá relevancia, estaría ben ver algún comentario sobre o xeito para engadir usuarios ó servidor (si se permite a creación automatica de contas desde calquera cliente, etc)
Iso é todo, por agora :)
Un saúdo para Oscar de parte de un que lle gusta pensar que ten algo de culpa en que sexa un linuseiro de pro :D
P.S. non coincidimos nada por jabber, pero si me queres atopar, é algo máis facil verme en gtalk, son estebanpc, ou no irc.
Saúdos a todos dende a "emigración" asturiana.
Hola hola,
Boas Esteban, o meu nick no jabber é oscar.casal@gmail.com, eu engandinche coma estebanpc@gmail.com non sei se isa é a túa conta correcta ou non. De todas se vas estar en Ordes eu estarei aló cunha charla de LAMP o venres pola mañán e xa nos podemos coñecer
Moitas grazas pola aportación de claros, ten moi boa pinta a verdade, pero de momento quedareime co jwchat, máis adiante xa testearei a aplicación a ver se coma vai.
Respecto ó de engadir usuarios, gestión do servidor, creación grupos e todas isas cousas se poden facer dende o panel de administración do jabber vía web. Sei que o podía explicar, pero e que non teño moito tempo e preferín meter a parte de instalación. Cando teña un intre tentarei ir ampliando os HOWTOS que vou colgando.
Claro que tes bastante de culpa de que ande con linux
Ummm relendo o howto dinme conta que puxeches que tes algo de culpa de que esté neste mundo, e non é que teñas algo de culpa se non de que ti e máis Ricardo sodes os dous culpabeis de que ande con isto, a pesar que daquela parecía un marxinado na aula e non parecía de que medraría o uso de Linux tal e coma o fixo
Moitos anos pasaron xa dende aquela e moito cambiou o panorama, gracias a deus pra moito millor, senon agora estaría vivindo da caridade :-) e non de administrador
Moi útil
Hai que ben me viña un howto destos fai un par de anos cando tiven que explicar nun curso de redes como montar un servidor de mensaxería nun servidor Linux. Ao final saín ben parado, pero tiven que adicarlle bastante tempo para asegurarme de que nada fallara. Gracias polo howto, para o seguinte curso xa teño unha pequena guía ;).