InformazónComunicazónsIniciar sesiónColaboraMancomun
Usuarios conectadosAgora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.
|
Inicio das Xornadas DescubreLinux 06 - Universidade de Santiago09/03/2006 - 12:00 09/03/2006 - 14:00 Evento: Con motivo do inicio do segundo cuadrimestre, AULUSC ten programadas en colaboración coa ETSE, unhas xornadas para aqueles que estean interesados en aprender a instalar e a dar os primeiros pasos con GNU/Linux. O obxectivo desta actividade é facilitar a iniciación no uso de Linux. Por este motivo, organizamos unha install party a través da que ensinar como instalar Linux no teu equipo de traballo, ofrecendo a nosa experiencia e atendendo tódalas dúbidas que aparezan durante o proceso de instalación. E despois, programaranse varios talleres para coa idea de que lle perdas o medo a Linux e poidas sacarlle o maior proveito a este sistema operativo. Estas xornadas tamén están especialmente dirixidas ós alumnos de primeiro curso da Enxeñería Técnica en Informática de Sistemas da Escola Técnica Superior de Enxeñería da USC, posto que neste segundo cuadrimestre asignaturas como Metodoloxía e Tecnoloxía da Programación recomendan que o alumno dispoña de un sistema Linux no que desenrolar as súas prácticas. As xornadas DescubreLinux06 organízanse en unha install party e tres talleres sobre GNU/Linux. Especificamente, as actividades das xornadas son as seguintes:
Esta actividade está aberta a calquera persoa que estea interesada en dar os primeiros pasos con Linux. No obstante, en caso de que houbese problemas de aforo, os alumnos da ETIS e os socios da asociación terán preferencia. A asistencia á install party e ós talleres é libre e gratuíta. ( categorías: )
|
Temas activosArtigos recentes no blog
|
Comentarios recentes
fai 2 semanas 4 días
fai 3 semanas 4 horas
fai 3 semanas 1 día
fai 3 semanas 3 días
fai 3 semanas 4 días
fai 9 semanas 1 día
fai 9 semanas 5 días
fai 9 semanas 6 días
fai 11 semanas 6 días
fai 12 semanas 3 horas