Programas a traducir

Imaxe de nash
Enviado por nash en 8 Febreiro, 2006 - 15:58.

Quería preguntarvos que programas botades de menos, que desexades que estén traducidos ao galego e non están.
Saúdos.


( categorías: )

Programas a traducir

Do punto de vista dunha PEME:

1º e fundamental: Corrector lingÁ¼ístico ortográfico para o galego normativo. Sen discusión.

2º Xestor de correo: Thunderbird + Calendar/Sunbird, en primeiro lugar por ser multiplataforma, ou Seamonkey, ou Evolution. Importa o tema de axenda.

3º Ofimática: OpenOffice/KOffice

4º Ofimática II: Base de datos Kexi ou dar o salto directamente a MySQL (Base de OO 2.0 non vale para nada)

5º Navegador, se a opción non é integrada co xestor de correo/calendario: Firefox, primeiro por ser multiplataforma, e despois outros.

6º A partir daquí as necesidades específicas de cada quen. Pero eu empezaría por un programa de groupware: eGroupware ou semellantes.

Imaxe de nash

Programas a traducir

Evolution xa está traducido dende hai algún tempo, openoffice e thunderbird estanse a traducir, e firefox xa está traducido tamén.
Pero ben, gustaríame que houbese máis xente que opinase.
Saúdos.

Imaxe de Denís

Por qué a base do OO2 non serve?

Soio curiosidade, non a probei. Pero diríase que, tendo en conta que é unha das principais carencias do OO, desta vez o terían feito ben.

Imaxe de Miguel

Algún CMS

A mín gustaríame contar con traduccións mais completas de xestores de contido libres como o Drupal ou Wordpress.

Saúdos,