Só informar de que a xente da trisquel terá todo o meu apoio de agora endiante. Serán os primeiros en obter as miñas traduccións, as que non sexan referidas a gnome, para que poidan sacar o antes posible as súa nova versión. Saúdos.
...pro penso que non corresponde á páxina principal do GLUG, posto que é unha decisión persoal e non unha dúbida técnica ou un anuncio público. Quizabeis mesmo fose mais axeitada como entrada no teu blogue persoal, anque aí a fronteira é mais difusa.
Isto é de tódolos xeitos unha dúbida recurrente: ¿Qué se debe publicar en qué seccións, e cómo? A ver se cando remate cos exames me poño a escribir un artigo definindo a política de publicazón de novas, foros e blogues do GLUG, o libro de estilo e demais, que sempre nos serve a todos pra nos aclarar mellor e explorar ideas.
Non acabo de entender moi ben como chegaches a ese acordo. A min a verdade é que, respetando moito o teu traballo e o proxecto Trisquel, non o vexo claro, a non ser que sexa un acordo económico.
Non é que me pareza mal, pero parece máis razoable e natural colaborar directamente con proxectos de traducción como Trasno ou Galego21.
Xa que publicas esto. Poderías explicar ¿porque lle das a primicia a Trisquel e non colaboras directamente cos proxectos de traducción coñecidos?.
Eu son parte do proxecto Trasno, son o coordinador de Gnome e como xa dixen a parte de gnome seguirá igual. Ao mellor expliqueime mal. O que quería dicir é que unha vez estea unha traducción de calquera aplicación que non teña que ver con gnome posto que con gnome teño acceso directo ao cvs e xa o subo eu, con outros programas teño que falar co encargado do proxecto e enviarllo, pois ben no proceso no que envio esa traducción ao encargado do proxecto pásolle unha copia da traducción xa compilada aos encargados do trisquel, xa que son xente que coñezo, nada máis. Se alguén máis está interesado nestas traduccións supoño que cando se reforme o trasno subireinas ao servidor do trasno, se é que podo.
Saúdos.
Pois si, entenderache mal, pola túa mensaxe entendía que che contrataran en Trisquel para ter a primicia das traduccións. Visto así pareceme que é bo para todos, aínda que sigo pensando que a situación ideal é ou facelo directamente cos desenvolvedores, como fas ti, ou colaborando con proxectos de traducción. Graciñas polas explicacións.
Paréceme unha decisión respectable,

Tamén existe Trasno e Galego21

Pois si ...