Sincronizar iPhone/iPod touch con GNU/Linux Ubuntu

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 29 Outubro, 2009 - 09:55.

Se o que queres é sincronizar o teu iPhone/iPod Touch en Ubuntu de forma sinxela o teu programa chámase iFuse. iFuse permíteche montar o iPhone ou iPod Touch baixo Linux empregando o cable USB. Podes ver e editar ficheiros como se fora un USB normal. iFuse ademáis non require "jailbreak" ou invalidar a garantía e non precisa que instales software adicional no teu terminal móbil (como 'ssh').

Unha vez montado podes copiar, mover, eliminar calquera ficheiro multimedia que está en `/var/root/Media`. Isto inclúe fotografías e ficheiros de Música.

Instalación

O primeiro que precisas é instalar o cliente para que o Linux "fale" co teu iPhone de maneira transparente.

Preme Alt+F2 e insire o seguinte texto.

gksu gedit /etc/apt/sources.list

Isto abrirá o ficheiro sources.list para editalo. ao que temos que engadirlle as seguintes liñas

deb http://ppa.launchpad.net/jonabeck/ppa/ubuntu karmic main
deb-src http://ppa.launchpad.net/jonabeck/ppa/ubuntu karmic main

Se a túa versión de Ubuntu non é Karmic non tes máis que cambiar "karmic" por jaunty/intrepid/...

Garda o ficheiro e abre unha terminal Aplicativos->Accesorios->Terminal e executa as seguines ordes

sudo apt-key adv --recv-keys --keyserver keyserver.ubuntu.com F0876AC9

sudo apt-get update

sudo apt-get install ifuse

A partires de agora podes conectar o teu Jaifone/jaipod Touch e aparecerá automáxicamente no nautilus como se fora unha chave USB.

 


Imaxe de Miguel

Levaba tempo agardando algo semellante

Xenial, estou un pouco farto do iTunes no Virtualbox, este fin de semana penso probalo e contoche.  Por certo unha vez conectado sabes dalgún programa decente para sincronizar os podcasts e a música dunha forma máis ou menos civilizada.

Não sei se isto é

Não sei se isto é demasiado óbvio (e não sei se isto trabalha com iPhone), mas a mim dá-me muito jeito para sincronizar o iPod um programa chamado gtkpod: http://www.gtkpod.org/. De resto, no meu Ubuntu jaunty ao conectar o cabo USB monta-mo sem ter que fazer mais nada.

Imaxe de Miguel

Sincronizando dende o gtkpod recoñece todo correctamente

Sí, eu xa probei no seu momento en Jaunty co gtkpod, pero creo que tiña que estar jailbrekeado para rular, e ademáis había que configurar algunha que outra cousa máis. Non sei se estarás a falar realmente dun ipod distino do ipod Touch, que é o único que da problema, o resto creo que non tiñan os datos cifrados.

Pero o peor era que os podcasts que subía non mos deixaba organizados como é de esperar dentro do ipod, para ser accedidos no menú de podcasts.

Pois é verdade! Não

Pois é verdade! Não reparara que no artigo se falava o IPod Touch e o meu é um iPod Nano.

:-)

Enfim, era a minha primeira mensagem por aqui. Aproveito para saudar!

Hello world!

Imaxe de Miguel

Esas pequenas diferencias :-p

Sí, curiosamente semella que o Ipod Touch e o Iphone son un pouco diferentes ós demáis Ipods. E neste caso da sincronización de arquivos fora do iTunes o cambio é para moito peor.

Benvido e grazas polo consello :).