InformazónComunicazónsIniciar sesiónColaboraMancomun
Usuarios conectadosAgora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.
|
Mellorando o visionado das fontes en Ubuntu
Outro truquecho para os que se inician nisto de GNU/Linux, e neste caso para mellorar a apariencia xeral da nosa Ubuntu. Son truquechos sinxelos nas fontes que veredes que melloran e quedan moi ben. Primeiro imos coa parte difícil, xa que precisamos unhas modificacións na terminal. Abrimos a terminal mediante Aplicacións -> Accesorios -> Terminal e escribimos:
Seleccionamos: - AutoSuxerido Pechamos sesión, voltamos a abrir e continuamos. Agora imos coas opcións máis sinxelas, xa que o podemos facer mediante interface gráfica. Abrimos "Aparencia" que está no menú Sistema > Preferencias > Aparencia e imos á lapela Tipos de Letra Activamos Suavizado de Pixel e facemos clic en Detalles… onde configuramos como podemos ver na imaxe.
Outro truquecho máis e pra rematar. Podedes instalar o paquete ttf-droid que contén a familia de tipos de letra Droid moi chula e que se ve perfecto na pantalla. Procurade este paquete no Xestor de paquetes Synaptic dende o menú Sistema > Administración Espero vos guste! Fontes: http://ubuntulife.wordpress.com/2009/04/25/tip-instalar-las-fuentes-de-texto-android-en-jaunty/ ( categorías: )
|
Temas activosComentarios recentes
Artigos recentes no blog
|
Mercocho todo menos as droid
Grazas polas recomendacións. Non tiña ningunha queixa das fontes ata que vin o teu post, pero agora lucen moito mellor. So hai unha cousa que non me gustou, as fontes droid. Aínda que sexan moi boas para móbiles e pantallas por debaixo das 9 pulgadas nunha de 15 danme a sensación de estar moito máis compactadas do necesario.
Sigo a preferir as DejaVu
A familia de fontes DejaVu, que é libre -- a que emprega Debian por defacto -- e extensa, se se instalan os pacotes adiccionais que conteñen as variacións da fonte base, é unha excelente familia que, amén de ser libre, visualiza moi ben tanto na pantalla coma na impresión
Eu estou realmente contento con elas, e aínda que probei as Droid prefiro as primeiras. No respecto do que dí Miguel, sucede que as DejaVu teñen tanto versión condensada (DejaVu Sans Condensed) coma normal (DejaVu Sans Book) e mesmo versións extralixeira e condensada negra. Así que poden cubrir os dous tipos de situación que presentaba Miguel.
Fora do que é a fonte Droid, con todo, é certo que o consello de Fran é bo: vese moito mellor agora que cambiei as opcións por defecto do fontconfig.
O que estiven a escoitar últimamente: