Gaña espazo reducindo o panel e as iconas en Ubuntu

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 14 Decembro, 2009 - 00:04.

Lendo unha das suxestións en brainstorm.ubuntu.com vexo que coma min hai moita xente que pensa que os menús e paneis ocupan demasiado espazo en pantalla. Polo que vou explicar aquí como facer para gañarlle uns poucos pixeles á pantalla.

Primeiro de todo premede co botón dereito no panel superior de Ubuntu e logo seleccionade "Propiedades". Ahí ides ver unha serie de opcións pero a que nos vai interesar agora é o "Tamaño". Reducídeo segundo desexedes, para min o máis óptimo é 21 pixeles.

Ben ata o de aquí foi sinxelo. Agora ven a parte "difícil". Imos reducir o tamaño das iconas que aparecen no menú principal. Tedes que editar o ficheiro /usr/share/themes/Human/gtk-2.0/gtkrc e cambiar un par de cousas polo que imos aló. Pulsade Alt+F2 para abrir o editor de texto nese ficheiro e con permisos de administrador:

gksu gedit /usr/share/themes/Human/gtk-2.0/gtkrc

agora veredes texto un tanto estraño e a veces criptográfico pero non hai problema buscade pola cadea:

gtk-icon-sizes = "panel-menu=24,24:gtk-button=16,16"

e cambiadeo por

gtk-icon-sizes = "panel-menu=16,16:gtk-button=16,16"

isto reducirá o tamaño das iconas nos menús o que reducirá, e moito, o tamaño final do panel.

Aquí tedes unha captura de pantalla do meu escritorio logo de facer estes cambios.


( categorías: )