Execución de J2ME en Linux x86_64

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 8 Abril, 2009 - 15:45.

Java 2 MELogo do relatorio que Alex Gonzalez deu na XGN o pasado venres me quedei con ganas de probar o asunto e ver que posibilidades tiña. Aborrezo Java,pero logo de ver catro cousas de J2ME e o sinxelo que é crear apps para móvil neste framework quedeime con ganas de máis.

O problema e que probando os exemplos que trae netbeans de J2ME viña recibindo mensaxes de erro que non podía solucionar.

Running a 32-bit JVM is not supported on this platform.

Grazas á axuda de Alex, experto na materia chegamos á solución seguinte e que reflexo aquí.

Instalamos linux32 ia32-libs e por último ia32-sun-java6-bin, eu instalo o de java6 xa que é o que preciso, pra iso basta un:

sudo aptitude install linux32 ia32-libs e ia32-sun-java6-bin.

Agora simplemente temos que decirlle ao emulador de j2me que empregue o java de 32 bits que acabamos de instalar. Pra iso modificamos o script que lanza o emulador. Eu teño o netbeans descargado dende a páxina web de sun polo que estará en:

/usr/local/netbeans-6.5.1/mobility8/WTK2.5.2/bin/emulator

co seguinte parche:

3c3
< javapathtowtk=
---
> javapathtowtk="/usr/lib/jvm/ia32-java-6-sun/jre/bin/"
23c23
< "${javapathtowtk}java" -Dkvem.home="${KVEM_HOME}" \
---
> "${javapathtowtk}java" -d32 -Dkvem.home="${KVEM_HOME}" \

Con isto xa podemos comezar a programar con en j2me e probar a trastear co mesmo.

PD.: isto non significa que non deixe de aborrecer Java como linguaxe de programación. So que hai que coñecer o inimigo para falar mal del.


( categorías: )
Imaxe de robe

Boas Paco!

Necesito a túa axuda Paco. Necesito un colega que entenda de LINuX desesperadamente! Haber se me podes axudar por que quero instalar o Galinux nos ordenatas dunha biblioteca pero antes necesito solventar as dúbidas que teño co galinux de proba que instalei no meu portátil.Unha locura cando non te safas co Linux...en fin! esperando que me respostes pronto...agradézoche de antemán a túa atención!o meu mail persoal é; ajarrate@hotmail.com Un saúdo!!!

 

Roberto Pazó Bernárdez

Técnico Superior en Animación Sociocultural (reinvindicando a profesión...)