Como obter información a baixo nivel sobre o teu hardware: dmidecode

Imaxe de boricua
Enviado por boricua en 25 Novembro, 2009 - 01:19.

Ás veces hai que remitir unha incidencia no teu computador con IBM, DELL ou algunha outra compañía xeralmente preguntaranche polo número de serie da máquina.

¿Qué facer se non temos acceso físico o servidor? A resposta chámase dmidecode. Este comando danos información do harware da máquina, versión de BIOS, números de serie, etcétera.

Aquí tedes un extracto da saída de dmidecode.

        Smart battery is supported
        BIOS boot specification is supported
        Function key-initiated network boot is supported
        Targeted content distribution is supported
        BIOS Revision: 1.2
        Firmware Revision: 1.2

Handle 0x0100, DMI type 1, 27 bytes
System Information
        Manufacturer: Dell Inc.
        Product Name: Latitude E6400                 
        Version: Not Specified
        Serial Number: 2LL8MJ3
        UUID: 44454C4C-4C00-104C-8039-B2C04F4D4A31
        Wake-up Type: Power Switch
        SKU Number: Not Specified
        Family: 

Handle 0x0200, DMI type 2, 9 bytes
Base Board Information
        Manufacturer: Dell Inc.
        Product Name: 0RX495
        Version:   

Con este comando podedes sacar o número de serie e reportar unha incidencia Para instalalo nunha maquina Debian só fai falla facer:

SHELL:~$ sudo aptitude install dmidecode


( categorías: )
Imaxe de oscar

Paquete libsmbios en DELL

   Boas Jose,

   Pois pra DELL  temos un paquete específico disponible por apt pra Debian/Ubuntu. O paquete libsmbios-bin.

oscar@maquina:~$ sudo apt-get install libsmbios-bin

Que cando o instalas contén unha serie de executables:

/usr/sbin/dellBiosUpdate: permítenos actualizala bios de dell dende linux
/usr/sbin/dellLcdBrightness: permítenos subilo brillo da pantalla
/usr/sbin/dellWirelessCtl: control sobre a wireless
/usr/sbin/getSystemId: que nos da toda a información do sistema incluido o service tag que nos piden
/usr/sbin/serviceTag: que nos permite saber o identificador que nos piden pra abrir a incidencia

Ten ademáis unha serie de comandos máis coma o que nos permite poñer/quitar a password da BIOS do sistema etc etc. Tamén co comando /usr/sbin/serviceTag ou /usr/sbin/getSystemId podes obter o número que nos piden pra abrila incidencia

oscar@maquina:~$ sudo /usr/sbin/serviceTag
Existing Service Tag: 1XCDD3J
oscar@maquina:~$ sudo /usr/sbin/getSystemId
Libsmbios:    0.13.10
System ID:    0x01B2
Service Tag:  1XCDD3J
Express Service Code: 4192945039
Product Name: PowerEdge 2950
BIOS Version: 2.0.1
Vendor:       Dell Inc.
Is Dell:      1

Imaxe de Paco

Entrada editada

Ola "José",

editeiche a nova e o título para solucionar algunhas erratas de redacción. Agardo non supoña problema algún. :~

Mess with the Best, Die like the Rest.

Imaxe de boricua

Non supón ningún problema.

Non supón ningún problema. Graciñas. A ver se empezo a cooperar un pouco máis co GLUG. :)

In a world without Gates, there is no need for Window$$. Debian GNU/Linux FreeBSD