InformazónComunicazónsIniciar sesiónColaboraMancomun
Usuarios conectadosAgora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.
|
Cambiar algúns aspectos do GDM en KarmicEnviado por Paco en 19 Novembro, 2009 - 22:22.
O novo GDM de karmic supón, baixo o meu punto de vista, un atraso sustancial no modo de personalización do mesmo xa que agora non existe a posibilidade de cambiar a súa aparencia de forma sinxela. Isto non significa que non se poida facer. Agora a configuración xa non está no ficheiro /etc/gdm/gdm.conf senón que emprega gconf. A forma máis sinxela de cambiar isto é executando nunha terminal: Pero existen dúas máis, de seguido a máis complicada: 1. Logout da nosa sesión e regresamos ao GDM, onde iniciamos sesión. 2. Sen logearnos, accedemos ao terminal con Ctrl-Alt-F1 3. Iniciamos sesión co noutro usuario e contrasinal. 4. Escribimos: export DISPLAY=:0.0 5. Escribimos: sudo -u gdm gnome-control-center 6. Regresamos con Ctrl-Alt-F7 7. Gnome-control-center aparece cargado. Podemos usalo para personalizar o noso GDM. 8. Preme na icona Aparencia, agora poderemos cambiar a fonte do noso GDM, tema e en especial a nosa imaxe de fondo. 9. Pechamos o gnome-control-center e iniciamos sesión con normalidade. A última forma déixovola de deberes para a casa, é sinxelo se tes coñecementos (Suxestións: Gconf) ( categorías: )
|
Temas activosComentarios recentes
Artigos recentes no blog
|
Tarefa adicional
Quedo pendente de escribir un novo artigo sobre a personalización do Xsplash pero ese non topo outra forma que non sexa a "forza bruta" de machacar ficheiros de imaxe.
Mess with the Best, Die like the Rest.
Error monumental
Creo que el cambio del gdm así como del grub2 son 2 auténticas cagadas. Al usuario no se le puede dar menos de lo que tenía. Si es así, que su instalación sea opcional y hasta que tenga al menos las mismas características o mejores que lo que había antes que no sea por defecto.
Antes en el gdm podías configurar bastantes más cosas igual que con el grub2 que viene ahora por defecto que no puedo configurarle un password pq de momento no se contempla esa opción, algo muy importante en una red de equipos.
Un gran paso atrás
Boas e malas cousas de Karmic
Sí, realmente o grub2 e o gdm tal e como o deixaron na última versión de Ubuntu máis que engadir funcionalidades fai todo o contrario, o igual que o Empathy que puxeron para sustituir a Pidgin+Ekiga. Pero según o vexo eu, o que están tentando facer é meter estas "novas ferramentas" que polo seu deseño, flexibilidade e integración teñen bastante máis futuro dentro da distro nunha versión non LTS coma Karmic. E así na próxima versión que teñen que soportar durante máis tempo xa as teñen algo máis testadas.
E por outra parte non creo que fose boa idea preguntarlle a un usuario novato na instalación se quere instalar grub1 ou grub2, ou que gdm quere ter no seu sistema. Así que a curto prazo resulta un pouco inconvinte, pero pensando un pouco máis a longo prazo non creo que sexa mala idea.
Nova solución
Atención tedes unha solución máis sinxela na ligazón:
http://www.glug.es/content/cambiar-o-theme-do-xsplash-de-ubuntu-karmic
Mess with the Best, Die like the Rest.
Asistencia visual
Tras facer o que propós co gnome-appearance-properties teño no panel un applet de Asistencia visual e non son quen de eliminalo.
Nos aplicativos de inicio xa o desactivei (gnome-at-visual -s) e maila todo segue a aparecer.
Algunha idea?
Por certo, noraboa polos contidos do Glug. Especialmente entre ti e Óscar estades facéndoa moi atractiva.
Asistencia mala mala!
Si a min tamén me pasa, e certamente e para ser sincero non teño nin idea de que pode ser. Teño que indagar porqué acontece iso. A solución "hardcore" é empregar o sistema dificil que comento no artigo.
Mess with the Best, Die like the Rest.
Resolto que non apareza o asistente visual
Se soluciona que non apareza o asistente visual se executades:
$sudo gnome-settings-daemonSacado de: http://www.ubuntu-es.org/?q=node/122055
Graciñas
Graciñas Óscar :-)