Arrinca o teu sistema moito máis rápido: ubuntu-boot

Imaxe de Paco
Enviado por Paco en 4 Decembro, 2009 - 02:59.

Aínda que xa a nova Ubuntu arrinca moito máis rápido que as predecesoras e para a seguinte xa prometen que arrincará en só 10 segundos, os impacientes poden ter unha mellora sustancial no tempo de arrinque das nosas computadoras con este pequeno consello. Ubuntu Boot Packages  contén paquetes que optimizan o teu sistema para este propósito.

Para os entendidos, Ubuntu Boot Packages conta con unha versión do kernel optimizada para empregar ureadahead.

Para facelo fai o seguinte:

Dende unha terminal (Aplicativos->Accesorios->Terminal) executa o seguinte:
sudo add-apt-repository ppa:ubuntu-boot/ppa
sudo apt-get update
sudo apt-get dist-upgrade

Con isto o tempo de reinicio de Ubuntu mellorará considerábelmente. Happy quick booting time!

Fonte: Mejora el tiempo de arranque con ubuntu boot en Karmic


( categorías: )