Actualización remota Jaunty a Karmic: do-release-upgrade

Imaxe de oscar
Enviado por oscar en 6 Novembro, 2009 - 13:20.

   Se queremos actualizar por ssh o noso equipo dunha Jaunty a unha Karmic co update-manager resulta que na Jaunty sáenos o erro "Actualizando sobre conexión remota no soportada":

Actualización Jaunty-karmic

A solución pasa por un comando que se chama do-release-upgrade.

Antes de nada miraremos que o contido do ficheiro /etc/update-manager/release-upgrades teña unha liña igual á seguinte:

Prompt=normal

O cal nos permitirá facer actualizacións entre distribucións normais e que non sexan lts (de longa duración). Unha vez feito isto entramos dende remoto e executamos o comando anterior:

administrador@equipo:~$ sudo do-release-upgrade
[sudo] password for administrador:
Checking for a new ubuntu release
Done Upgrade tool signature
Done Upgrade tool
Done downloading           
extracting 'karmic.tar.gz'
authenticate 'karmic.tar.gz' against 'karmic.tar.gz.gpg'
Leyendo caché
Comprobando el gestor de paquetes
¿Continuar la ejecución bajo SSH?
Parece que esta sesión se está ejecutando bajo ssh. Actualmente, no
se recomienda llevar a cabo una actualización sobre ssh, porque en
caso de fallo sería más difícil de recuperar.
Si continua, se iniciará un demonio ssh adicional en el puerto
«9004».
¿Desea continuar?
Continuar [sN] s

 A partir de eiquí comeza as preguntas normais que nos fai cando usamos á utilidade upgrade-manager. A única diferencia é que nos avisa de que se queremos continuala execución da actualización baixo SSH e nese caso engadirá un demonio ssh adicional no porto 9004 (útil por se por calquer causa a conexión pola que nos conectamos inicialmente cáese ó estar actualizando)

Fonte: https://help.ubuntu.com/community/IntrepidUpgrades#Network%20Upgrade%20for%20Ubuntu%%2020Servers%20

Espero que os serva de axuda,
Óscar Casal Sánchez