blogue de GLUG

O GLUG colabora con relatorios na Kutruparty 09

Imaxe de GLUG
Enviado por GLUG en 5 Decembro, 2009 - 13:37.

Varios socios do grupo de usuarios de GNU/Linux están este fin de semá colaborando coa Kutruparty 09 con relatorios de alto nivel técnico.

Os relatorios están enmarcados no evento HackConf, un evento no que os organizadores pretenden aglutinar os mellores especialistas no eido informático para impulso da tecnoloxías libres. "De profesionais a profesionais".

As charlas impartidas polo GLUG son:


Cambio no enderezo das roldas de discusión

Imaxe de GLUG
Enviado por GLUG en 9 Outubro, 2009 - 11:41.

A área de sistemas do Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza rematou hoxe mesmo a migración das roldas de discusión a un servidor compartido co Grupo de Usuarios de Linux de Pontevedra. Grupo co que agardamos colaborar en moitos máis proxectos debido á grande sintonía entre as dúas asociacións.

O novo enderezo da rolda de discusión xeral é https://roldas.glug.es/mailman/listinfo/glug.

Todos aqueles que estouveran suscritos á anterior rolda pública glug@mancomun.org non deberán preocuparse por nada xa que se mantén a súa suscrición. Máis se queren enviar mensaxes deben cambiar o enderezo de envío a glug@roldas.glug.es.

Desculpamos as molestias. Se tedes calqueira dúbida fágannola saber mediante o contacto de esta páxina.


Document Freedom Day: 25 de Marzal

Imaxe de GLUG
Enviado por GLUG en 25 Marzo, 2009 - 12:15.

Hoxe celebrase o Día da Liberdade dos Documentos (DFD) día mundial para a liberación dos documentos. Será un día de esforzos a nivel local para educar ao público acerca da importancia de Formatos de Documentos Libres e estándares abertos en xeral.

Complementario ao Software Freedom Day, o seu obxectivo é ter equipos locais de todo o mundo que organicen eventos no último mércores do mes de marzo. 2009 é o segundo ano que se convoca o Document Freedom Day onde milleiros de persoas en todo o mundo súmanse dispostas a sumarse ao esforzo.

Entre as actividades principais do DFD están:

  • a promoción e a adopción de formatos de documentos libres
  • a formación dunha rede mundial
  • a coordinación das actividades que pasen o último mércores de marzo, no Document Freedom Day

Unha vez ao ano, se celebra o Document Freedom Day como unha comunidade gobal. Durante eses días, DFD centrarase en facilitar a acción comunitaria e a creación de conciencia sobre cuestións como a liberdade dos documentos e os estándares abertos.

Esperamos que te unas á comunidade DFD.


( categorías: )

Estupor e perplexidade da comunidade galega de SwL polo galardón a Microsoft

Imaxe de GLUG
Enviado por GLUG en 26 Febreiro, 2009 - 12:18.

O recente premio outorgado a Microsoft, polos gobernos de Galicia, Euskadi, Catalunya e Illes Baleares, pon de manifesto o completo desprezo da Secretaría Xeral de Política Lingüística, directamente dependente de Presidencia.

A comunidade galega de Software Libre entre a que está o Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza fai público o seguinte manifesto:

 "A comunidade de software libre de Galicia, incluíndo a usuari@s, programador@s e tradutor@s que a conforman, e tras o debate oportuno nas canles de comunicación que nos son propias, coincidimos unanimemente na necesidade de facer público o estupor e perplexidade que nos produce a nova feita pública, o día 23/02/09, pola Presidencia da Xunta de Galicia na que se di, literalmente:

'O premio á promoción da realidade plurilingüe consiste nunha distinción honorífica sen contido económico, e correspondeulle na súa primeira edición á empresa Microsoft, galardoada polo seu esforzo de xuntar a diversidade lingüística coas novas tecnoloxías.'


( categorías: )

GLUG argavelando a Xuventude Galiza Net 2008

Imaxe de GLUG
Enviado por GLUG en 29 Decembro, 2007 - 13:51.

No GLUG andamos argavelando a participación na Xuventude Galiza Net. Para iso habilitamos unha páxina na nosa wiki para recoller ideas e cousas que poidamos levar a cabo. Tamén podemos entrar en colaboración con outros grupos, de feito andamos na procura de colaboración para que a nosa intervención sexa moito máis satisfactoria e podamos ter un impacto maior no espracemento do software libre

Todavía estamos en "pañais" polo que se queres participar connosco pasate pola wiki ou deixa un comentario.