InformazónComunicazónsIniciar sesiónColaboraMancomun
Usuarios conectadosAgora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.
|
blogue de PacoModificar o contido dun initrd xeradoEnviado por Paco en 23 Febreiro, 2010 - 19:23.
Este artigo é bastante técnico polo que un usuario medio non debería ter que recurrir a isto nunca. Aquí explicarei mediante un pequeno script como descomprimir o contido do mini sistema operativo que carga o computador. Descompresión e acceso ao initrd: $ cd /tmp $ zcat /boot/initrd.img-$(uname -r) > initrd $ mkdir master $ cd master $ cpio -i < ../initrd Xa estás dentro do initrd polo que podes modificalo. En canto remates as modificacións xa podes voltar a comprimilo. $ find . | cpio --quiet --dereference -o -H newc | gzip -9 > ../initrd.gz O nomo initrd coas modificacións está en /tmp/initrd.gz ( categorías: )
Brainstorm: selecciona o teu aplicativo favorito en UbuntuEnviado por Paco en 15 Febreiro, 2010 - 09:17.
Unha das ideas que máis me gustan de brainstorm.ubuntu.com é a de "Configurar Ubuntu durante o proceso de instalación". Isto permite seleccionar o teu aplicativo favorito para cada unha das tarefas máis comúns do sistema (navegador, email, reprodutor de música, ...). ( categorías: )
Lucidity: unha proposta de tema para o Ubuntu LucidEnviado por Paco en 9 Febreiro, 2010 - 09:16.
Os usuarios do Ubuntu sempre debatiron sobre o redeseño da interface e aínda que na última versión Karmic Koala obtívose un impulso moi importante na limpeza da mesma, somos moitos os que cremos que agora temos a oportunidade de cambiala. Neste senso descubrin este "mockup" de tema para metacity que nada máis velo saqueime o sombreiro. Se vos gusta difundídeo para que sexa o tema oficial de Karmic. Novo controlador de vídeo de ATI para Linux con soporte para Ubuntu 9.10Enviado por Paco en 29 Xaneiro, 2010 - 16:31.
( categorías: )
Bloqueo de Grub2 con usuario e contrasinalEnviado por Paco en 19 Xaneiro, 2010 - 13:44.
Comentar inicialmente que todavía está nunha fase de desenvolvemento inicial pero logo de probalo podo confirmar que funciona bastante ben. Aquí explico como activar o soporte de autenticación en grub2 e así evitar que un usuario sen privilexios cambie as entradas do menú grub. ( categorías: )
Gaña espazo reducindo o panel e as iconas en UbuntuEnviado por Paco en 14 Decembro, 2009 - 00:04.
Lost disk space: ou como saber o uso de espazo empregado no discoEnviado por Paco en 10 Decembro, 2009 - 02:33.
A opción máis sinxela é facer unha análise do disco coa utilidade Baobab chamada en galego "Analizador do uso do disco" que toparedes no menú Aplicativos->Accesorios. Pero e se o que che está ocupando espazo en disco son os aplicativos que tes instalados? ( categorías: )
Arrinca o teu sistema moito máis rápido: ubuntu-bootEnviado por Paco en 4 Decembro, 2009 - 02:59.
Aínda que xa a nova Ubuntu arrinca moito máis rápido que as predecesoras e para a seguinte xa prometen que arrincará en só 10 segundos, os impacientes poden ter unha mellora sustancial no tempo de arrinque das nosas computadoras con este pequeno consello. Ubuntu Boot Packages contén paquetes que optimizan o teu sistema para este propósito. As caras B de Ubuntu: software adicionalEnviado por Paco en 4 Decembro, 2009 - 02:50.
( categorías: )
etckeeper: mantendo os ficheiros de configuración do sistema con versións.Enviado por Paco en 28 Novembro, 2009 - 16:16.
etckeeper permite xestionar os ficheiros de configuración do sistema (/etc) de forma sinxela nun repositorio dun Sistema de Control de Versións (SCV). Basicamente insire hooks en apt para que remita os cambios feitos en /etc cando se instale algún paquete ou se actualice. Inserir os /etc nun sistema de control de versions é unha boa práctica na industria e un dos puntos fortes de etckeeper é facer este proceso o menos difícil posíbel. Neste pequeno manual explicarei as bases do sistema polo que pode ser de interese para administrador de sistemas. ( categorías: )
|
Temas activosArtigos recentes no blog
|
Comentarios recentes
fai 6 días 44 min
fai 6 días 1 hora
fai 6 días 3 horas
fai 1 semana 10 horas
fai 1 semana 18 horas
fai 1 semana 19 horas
fai 1 semana 21 horas
fai 2 semanas 1 día
fai 2 semanas 1 día
fai 2 semanas 2 días