As desconferencias chegan a Galiza da mán da Xuventude Galiza Net

Que son?

Un BarCamp é unha reunión creada do desexo da xente de compartir e aprender nun ambiente aberto. É un evento intenso cheo de discusións, demostracións e interacción dos propios participantes. Esta non-conferencia/desconferencia informal reúne á xente con diversos backgrounds, dende o tecnolóxico, usabilidade, deseño e negocios, onde a información e experiencia é compartida. A participación é altamente alentada, por parte dos que asisten!

Barcamp Galiza 2009 xirará en torno a software ceibe, xogos e programación ademáis de web 2.0 e todo o que o público queira contar. Algúns dos tantos temas que se van ver son desenrrolo (técnicas novas/optimización), deseño e software ceibe (aplicación práctica), e demostracións de programas entre un monton de temas máis! O espírito do BarCamp, tódolos participantes teñen unha posibilidade de dar un relatorio - vas faltar entón!

A axenda vai consistir nunha serie de charlas de 30 minutos de duración cada unha. A metade das sesións vai estár acordadas de antemán e o resto tódolos participantes se poden improvisar a través do propio evento. Desta forma son conferencias xeradas polos propios asistentes onde eles deciden que van escoitar e onde o relator perde protagonismo para outorgarllo ao público, xa que en definitiva o público é o que da a "conferencia".

014

O barcamp ademais é identico ao software libre, isto é basease en compartir, non só código senón ideas, conceptos e solucións. Ademáis estes eventos serven para unir aos numerosísimos grupos de usuarios de linux na Galiza e poder poñerlle cara a eses mails que lemos no dia a día.




Que se vai tratar?

Tódolos relatorios, charlas, coloquios ou grupos son moi dinámicos e poden ser propostos no momento, só fai falla un relator e público para o mesmo, polo que se tes algo que contarnos ou ensinarnos simplemente ponte en contacto cos organizadores e o incluímos sen problema algún.

Polo momento temos algunha proposta firme, e moitas máis no tinteiro que se irán colgando na web a medida que se concreten, de tódalas formas a megafonía do evento informará en cada momento das novas que se incluirán.

ponencia ponente hora
Desenrrolo áxil con Ruby on Rails Fran Diéguez (GLUG) Sen horario previsto
Deseño Gráfico con Software Libre Denís Fernández (GLUG) sen horario previsto
Creación de distribucións á medida a partires de Ubuntu Linux Fran Diéguez (GLUG) sen horario previsto
Monitorización de aulas con software ceibe Fran Diéguez (GLUG) sen horario previsto
Alternativas de baixo custo para clientes lixeiros Asociación Inestable (Ordes) sen horario previsto

Onde é?

Tuvemos a grande sorte de entrar no programa oficial da Xuventude Galiza Net 2009, polo que tódolos asistentes á mesma poderán desfrutar de este espazo de trasego de ideas e formas.

A ubicación específica é na rúa:

Multiusos Fontes Do Sar
Rúa Diego Bernal
15702 Santiago de Compostela

Staticmap

Cando é?

Banner 150x150

Os días 3, 4 e 5 de abril no mesmo recinto da Xuventude Galiza Net, asi que non tes escusa para vir.

Canto custa?

De verdade!! é de balde, aínda que non sexas asistente da Xuventude Galiza Net, a xente que pase polo Multiusos Fontes do Sar pode participar tanto como asistente e como relator se así o desexa.

Ademáis quen sabe ao mellor hai regaliños