InformazónComunicazónsIniciar sesiónColaboraMancomunUsuarios conectadosAgora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.
|
Como obter información a baixo nivel sobre o teu hardware: dmidecodeEnviado por boricua en 25 Novembro, 2009 - 01:19.
Ás veces hai que remitir unha incidencia no teu computador con IBM, DELL ou algunha outra compañía xeralmente preguntaranche polo número de serie da máquina. ¿Qué facer se non temos acceso físico o servidor? Cambiar o theme do Xsplash de Ubuntu KarmicEnviado por Paco en 23 Novembro, 2009 - 18:38.
Explicacións para newbies: a solución pasa por machacar os ficheiros que hai en /usr/share/xsplash/images. Ademáis como efecto colateral temos a personalización do GDM no mesmo paquete. Explicación para medium user: A solución ven con "machacar" o paquete virtual de ubuntu chamado xsplash-artwork que é fornecido polo que queiramos nós, de forma que o contido do noso paquete cambie os ficheiros que lee xsplash de forma predefinida. GDM emprega o mesmo fondo que XSplash. Explicacións para power user/debian devs: Creamos un paquete que teña Provides: xsplash-artwork, e logo Replaces: xsplash-artwork. ( categorías: )
Cambiar algúns aspectos do GDM en KarmicEnviado por Paco en 19 Novembro, 2009 - 22:22.
O novo GDM de karmic supón, baixo o meu punto de vista, un atraso sustancial no modo de personalización do mesmo xa que agora non existe a posibilidade de cambiar a súa aparencia de forma sinxela. Isto non significa que non se poida facer. Agora a configuración xa non está no ficheiro /etc/gdm/gdm.conf senón que emprega gconf. A forma máis sinxela de cambiar isto é executando nunha terminal: ( categorías: )
Probando a nova linguaxe de programación Google 'Go'Enviado por Paco en 11 Novembro, 2009 - 21:28.
O primeiro é crear unhas variábeis de contorno no noso .bashrc (ou .zshrc se empregades zsh coma min). Abrimos con gedit o ficheiro ~/.bashrc e engadimos: ( categorías: )
Actualización remota Jaunty a Karmic: do-release-upgradeEnviado por oscar en 6 Novembro, 2009 - 13:20.
Se queremos actualizar por ssh o noso equipo dunha Jaunty a unha Karmic co update-manager resulta que na Jaunty sáenos o erro "Actualizando sobre conexión remota no soportada":
A solución pasa por un comando que se chama do-release-upgrade. Script limpar táboa "sessions" de Drupal en mysqlEnviado por oscar en 2 Novembro, 2009 - 14:24.
Hai uns días Paco despois de pasarlle unha BBDD de Drupal feita en mysql que case pesaba 1GB mirouna pra resolver algún que otro problemilla e comentoume que case todo ese tamaño debíase á taboa sessions de Drupal, o cal á súa vez facía que o acceso ó Drupal fora máis lento do que debería. O tamaño real da BBDD unha vez limpa a táboa sessions apenas chegaba ós 100M ( categorías: )
Sincronizar iPhone/iPod touch con GNU/Linux UbuntuEnviado por Paco en 29 Outubro, 2009 - 09:55.
Se o que queres é sincronizar o teu iPhone/iPod Touch en Ubuntu de forma sinxela o teu programa chámase iFuse. iFuse permíteche montar o iPhone ou iPod Touch baixo Linux empregando o cable USB. Podes ver e editar ficheiros como se fora un USB normal. iFuse ademáis non require "jailbreak" ou invalidar a garantía e non precisa que instales software adicional no teu terminal móbil (como 'ssh'). Unha vez montado podes copiar, mover, eliminar calquera ficheiro multimedia que está en `/var/root/Media`. Isto inclúe fotografías e ficheiros de Música. ( categorías: )
Son en Dell vostro A90 con Ubuntu JauntyEnviado por oscar en 27 Outubro, 2009 - 11:45.
Descubro que ó eliminar o Windows XP que me traía de fábrica o Dell vostro A90 e instalalo Ubuntu Jaunty non teño son. Fago unha rápida búsqueda e vexo que está aberto como un bug en Ubuntu (ver fonte [1]) A solución pasa por engadir ó final do ficheiro /etc/modprobe.d/alsa-base.conf a liña:
E reinicialo equipo. Dista maneira xa teremos son ( categorías: )
Eliminar paquetes marcados coma rc (ficheiros do sistema eliminados pero non borrados)Enviado por oscar en 22 Outubro, 2009 - 20:52.
Normalmente cando facemos unha actualización do sistema a unha versión superior ou cando eliminamos nos un paquete non usamos á opción --purge co dpkg ou co apt-get o que ocorre é que o paquete xa non está instalado, pero os seus ficheiros seguen no sistema a ocupar espazo. Pra velos paquetes que están marcados coma rc (eliminados, pero non purgados os ficheiros do noso disco) faremos: ( categorías: )
Virtualbox: redirixir portos da máquina host á máquina guest cando a rede está en modo NATEnviado por oscar en 22 Outubro, 2009 - 19:04.
Hai veces que temos unha máquina virtual de Virtualbox coa rede en modo NAT (o cal as máquinas da rede nin a propia máquina host pode ter acceso a esta máquina guest) e desexamos poder acceder a un porto da mesma sen darlle a esta máquina virtual unha ip real da nosa rede (modo bridge da tarxeta no virtualbox). ( categorías: )
|
Temas activosArtigos recentes no blog
|
Comentarios recentes
fai 1 día 2 horas
fai 1 día 3 horas
fai 1 día 3 horas
fai 1 día 3 horas
fai 1 día 4 horas
fai 1 día 5 horas
fai 1 día 5 horas
fai 2 días 27 min
fai 2 días 3 horas
fai 2 días 13 horas